Evacuado en helicóptero o condutor dun ciclomotor tras un choque no Incio

O ferido, con lesións graves, foi trasladado ao Hula
El ciclomotor accidentado en O Incio. EP
photo_camera Helicóptero do 061, no aire. HELICO OURENSE

O condutor dun ciclomotor foi evacuado en helicóptero na tarde deste luns tras resultar ferido de gravidade nunha colisión frontolateral cun turismo en Val do Mao, no municipio do Incio.

Medios desplazados al lugar del accidente en O Incio. EPO accidente produciuse algo despois do cinco da tarde á altura do quilómetro 7,400 da estrada LU-641, que comunica Castroncán e Toldaos.

O servizo de emerxencias 112 Galicia recibiu o aviso a través do 061 e mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar o lesionado, un veciño de Samos de 47 anos. Ao lugar acudiron tamén a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros do parque comarcal de Sarria, cuxa intervención non foi necesaria.

O ferido, único ocupante do ciclomotor, foi trasladado ao Hula.