A estrada de Oural ata O Incio recibe 614.000 euros

A Xunta reforzará o firme de 8,3 quilómetros e as obras terán un prazo de execución de 6 meses

Autoridades, técnicos y vecinos, en la apresentación de las obras. EP
photo_camera Autoridades, técnicos e veciños, na apresentación das obras. EP

SARRIA. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá preto de 614.000 euros en reforzar o firme dos primeiros 8,3 quilómetros da estrada LU-642, que comunica Oural (Sarria) e O Incio.

A actuación saíu onte a licitación e as obras terán un prazo de execución de seis meses desde que sexan adxudicadas. Consistirán na reparación, regularización e selado do firme existente. Para rematar, estenderase unha nova capa de rodaxe.

Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e vertical, a instalación de defensas e novo balizamento, e a construción de cunetas en varios puntos. Para executar estas obras non será necesaria a realización de expropiacións.

A actuación foi presentada onte polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen estivo acompañado polas alcaldesas de Sarria e O Incio, Pilar López e Laura Celeiro, respectivamente. Tamén asistiron edís dos dous municipios, técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas e veciños.

Con estes traballos finalizarase o acondicionamento da estrada, xa que o pasado ano a Xunta de Galicia destinou 136.000 euros a reparar o tramo do Hospital á Ferrería. Anteriormente mellorouse a vía entre os puntos quilométricos 8,300 e 12,600 con outros 185.000 euros.

Só quedaba por reformar os 8,3 primeiros quilómetros da estrada, que agora se licitan. Algúns veciños xa denunciaron o pasado verán o mal estado da vía e solicitaron o seu acondicionamento á Administración autonómica, pois, dixeron, trátase dunha estrada que soporta un importante tráfico de camións.

Comentarios