Un escape de gas nun edificio de Sarria mobiliza aos bombeiros

Os efectivos cortaron a subministración e ventilaron o inmoble, que non tivo que ser desaloxado

Movilizados los bomberos por un escape de gas en Sarria. PORTO
photo_camera Os bombeiros ante o inmoble afectado polo escape de gas. PORTO

Unha fuga de gas nun edificio do cruzamento da Avenida da vila de Sarria mobilizou na tarde deste sábado aos bombeiros do parque comarcal. O escape non obrigou a desaloxar aos veciños do inmoble.

Uns residentes foron os encargados de dar o aviso ao percibir un forte cheiro a gas no edificio. Segundo explicaron, detectárono sobre as catro da tarde ao saír un veciño ás escaleiras, polo que abriron todas as fiestras destas e alertaron ao servizo de urxencias 112. Este desprazou ata o lugar a unha patrulla da Policía Local e aos bombeiros.

Os efectivos encargáronse de cortar a subministración de gas e ventilar o portal e as escaleiras ata a chegada dos técnicos da compañía de gas. Non tiveron que desaloxar aos veciños porque nas medicións realizadas non detectaron uns altos niveis de gases, polo que unicamente recomendaron aos residentes quedar nas súas vivendas.