Ergueitos organiza o día 2 un percorrido pola ruta de Fiz Vergara Vilariño

O evento axuntará música e poesía, xa que actuará a coral Solfa de Compostela

A agrupación cultural Ergueitos organiza o próximo 2 de xuño un percorrido pola ruta de Fiz Vergara Vilariño, situada en Lóuzara (Samos). Con esta actividade busca recordar un ano máis ao poeta.

Os asistentes partirán, ás 10.30 horas, da casa da cultura de Sarria e comezarán a ruta ás 11.00, en Airapadrón. Neste núcleo arrincarán o percorrido polas 13 obras doutros tantos artistas plásticos baseadas en textos do autor samonense, as cales compoñen o itinerario creado por Ergueitos para homenaxear a Fiz Vergara.

A ruta axuntará música e poesía, xa que actuará a coral Solfa de Compostela. Os asistentes gozarán, ademais, dunha comida no mesón A Pontenova de Samos.

Está aberta a inscrición para participar. Os interesados poden apuntarse no número de teléfono 678.60.15.50 ou o correo electrónico [email protected].

Comentarios