'Embutidos' para recuperar forzas na Milla Urbana de Sarria

Sarria celebrou este venres a súa Milla Urbana, na que participaron 140 persoas. Os gañadores absolutos foron Jorge García Cabanas, cun tempo de 4.36 minutos, e Estela Díaz Díaz, con 5.37. Os campións recibiron como premio o seu peso en embutidos de Sarria. Tamén foron entregadas medallas, trofeos, plátanos de Canarias, auga de Fontecelta e queixos de Queserías Sarrianas.