Educación trasladará os alumnos do Frei Luís nunha semana

O luns, 3 de febreiro, a actividade lectiva desenvolverase xa no novo espazo
La conselleira Carmen Pomar, de visita en el Frei Luis de Granada de Sarria
photo_camera A conselleira Carmen Pomar, de visita no Frei Luís de Granada de Sarria. VILA

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional confirmou que pechou xa a organización dos espazos na antiga Escola Fogar do CEIP Frei Luís de Granada, en Sarria, de modo que no prazo dunha semana producirase o traslado dos alumnos dese colexio ás novas dependencias "mentres se realizan as obras de reforzo nos voladizos do centro".

De acordo co plan establecido pola Consellería, entre o luns e o martes quedará conectado o sistema de calefacción do colexio nas novas aulas e, co obxectivo de manter o actual horario das clases, algúns espazos da antiga Escola-Fogar serán divididos con tabiques de panel de madeira con illamento "acústico". Segundo as previsións da Consellería de Educación, o vindeiro mércores quedarán habilitadas as novas aulas, de modo que os profesores terán tempo para organizar o material destinado a impartir as clases.

O luns, 3 de febreiro, a actividade lectiva desenvolverase xa nos novos espazos, segundo asegura Educación nun comunicado.

Comentarios