Editando arte desde Sarria

Lois Gutiérrez creou na vila o selo editorial Alauda Negra, que acaba de presentar unha obra do fotógrafo Toño de López
Toño de López y X. Lois Gutiérrez Faílde, durante la presentación en el pub Xarope de Sarria. EP
photo_camera Toño de López y X. Lois Gutiérrez Faílde, durante la presentación en el pub Xarope de Sarria. EP

Regresar aos fanzine ou panfletos que creaba na facultade é o que levou ao profesor X. Lois Gutiérrez Faílde a pór en marcha en Sarria un selo editorial diferente, Alauda Negra, enfocado á publicación de artistas. A través deste xa viron a luz as obras de sete autores, entre eles unha do fotógrafo sarrián Toño de López, cuxo traballo acaba de ser presentado na vila.

Cando era un neno Gutiérrez Faílde participara na súa terra natal, en strong <>Lalín, en publicacións e na universidade continuou con fanzines ou revistas. Desde hai tempo tiña na cabeza crear o seu propio selo editorial para "ter máis liberdade e control" nos traballos que quería publicar, o que se fixo realidade hai dous anos co nacemento de Alauda Negra. "Non é unha editorial de libros ao uso", aclara.

Con produción "100%" de Sarria, Gutiérrez Faílde sacou sete títulos, como Memento Mori de strong <>Toño de López. Trátase de edición "de artista", pois non é un libro nin unha obra artística, senón unha mestura, afirma o editor.

O promotor revindica que nunha vila do interior de Galicia tamén se poden levar a cabo proxectos como un selo editorial

Segundo explica, cada traballo conta con tiradas moi limitadas, de 99 exemplares, cun ferro fixo, dun tamaño pechado. "Cada autor improvisa un traballo. Non tinga acubillo en exposicións e libros e ocurríuseme volver aos panfletos, fanzines... que facía de novo, enfocados á publicacións de artistas", indica.

Todos os autores son de Galicia, aínda que agora comeza a traballar con outros de fóra da comunidade, pero son obras relacionadas con Galicia. O selo está a preparar o seu primeiro fotolibro, centrado no barco Prestige e obra do fotógrafo Julián Barón. A publicación ten unha perspectiva "máis rompedora, transgresora", adianta o sarrián, quen tamén ten en marcha outros proxectos.

Gutiérrez Faílde reivindica que desde unha vila do interior de Galicia, fóra das grandes cidades, pódense levar a cabo proxectos como este. "Pódense crear espazos de difusión cultural", engade o editor, quen xa participou en varias feiras e exposicións.

Agora mesmas tres publicacións de Alauda Negra atópanse en strong<> A Coruña na exposición Tapas da fundación Luís Seoane. A editorial estivo presente nesta cidade no festival Ffoco, a feira Vaia Vaia de Lugo, o festival Febre de Madrid ou Libros Mutantes, tamén na capital de España.

'MEMENTO MORI'. Ademais, o pasado sábado levou a cabo no pub Xarope de Sarria a primeira presentación física dunha publicación de strong <>Alauda Negra, a obra de Toño de López. Segundo explica o propio autor, Gutiérrez Faílde propúxolle levar a cabo unha obra, en tamaño A3, e está "encantado" de traballar con este selo editorial que "visibiliza as cousas que se fan desde aquí".

A obra, Memento Mori, aborda a vida e a morte, tal e como sinala o fotógrafo. Esta última é un tabú e cre necesario tratar eses temas. O traballo, apunta, "naceu en paralelo a unha volta ao rural, coa intención de facer un proxecto de vida non rural". No proceso de restauración dunha vivenda aparecen "paxaros que caen, pensas na morte, e ovos nun neno, a vida", sinala.

Memento mori componse de dúas fotografías, un paxaro e un niño, e "é unha pequena metáfora do existir dá vida", a través dun fío vermello, engade o editor.

Para este é unha "satisfacción enorme" pór en marcha o pequeno selo editorial, a través do que se están xerando "moitos vínculos e relacións, crear unha comunidade de autores", afirma Gutiérrez Faílde.

Aqueles que queiran gozar das publicacións de Alauda Negra poden facelo solicitándoas a través de correo electrónico, no que pide que indiquen por que queren a obra, explica o promotor da editorial. Esta a a hora de publicar tampouco é unha editorial ao uso, pois segue unha "economía circular", de forma que o traballo dun autor poida servir para o doutros. Toda plusvalía vai destinada a producir a seguinte publicación, "como un fondo de reserva", dando así vida a novas obras para o goce do público.

Comentarios