A rúa Diego Pazos e un tramo de Calvo Sotelo estarán cortadas polas festas de Sarria

A Policía Local elaborou un plan de tráfico con motivo de San Xoán, que comeza este venres

A rúa Diego Pazos de Sarria e o tramo de Calvo Sotelo entre o cruzamento de Catro Camiños e a rotonda de saída cara a Samos serán cortados ao tráfico desde este venres pola mañá con motivo da celebración das festas patronais de San Xoán.

A medida afectará tamén á avenida de Becerreá e Formigueiros, que quedarán para o tránsito de residentes. O mesmo ocorrerá en Diego Pazos entre A Avenida e A Ciguñeira, onde non se instalarán postos para que poidan circular tamén os taxis en ambos os sentidos.

O plan de tráfico foi deseñado pola Policía Local e o grupo de goberno pediu á veciños comprensión nestes días festivos e desculpas polas molestias que se poden ocasionar.

Segundo dixo, unha das prioridades era dar servizo ao centro de saúde, de modo que quedará libre de postos a intersercción entre a avenida de Becerreá e Calvo Sotelo. Tamén terán acceso desde a zona do hotel.

Comentarios