Detidos catro veciños de Lugo por estafar a peregrinos facéndose pasar por ONGs

Trátase dun grupo organizado que actuaba en lugares do Camiño Francés como Sarria e que ingresaba uns 5.000 euros mensuais con prácticas delituosas
Material incautado por la Guardia Civil a los detenidos. EP
photo_camera Material incautado por la Guardia Civil a los detenidos. EP

A Garda Civil detivo a catro veciños de Lugo que presuntamente formaban un grupo organizado dedicado a estafar aos peregrinos do Camiño Francés pasar por membros de coñecidas organizacións benéficas. Os axentes calculan que con estas prácticas delituosas poderían estar a ingresar ao redor de 5.000 euros ao mes.

Hai xa unhas semanas, tanto Cáritas como Cruz Vermella denunciaron que, durante o verán, falsos voluntarios destas entidades abordaban a peregrinos no Camiño. A Garda Civil detectou tamén un "aumento inusual de chamadas" advertindo da presenza de persoas que solicitaban donativos de forma insistente, entorpecendo o paso dos peregrinos e en ocasións incluso intimidándoos para que colaborasen na súa suposta causa benéfica.

Elixían para iso aqueles tramos do Camiño Francés (a principal ruta de peregrinación) como o que discorre entre Sarria e Paradela ou o de Palas a Melide. No caso de Sarria, a súa presenza era frecuente en puntos emblemáticos como Ponte da Áspera ou Barbadelo.

Segundo comprobou a Garda Civil, actuaban sobre todo de mañá (nas horas de máis tránsito de peregrinos) e, en ocasións, incluso levaban comida e cámping-gas para continuar pola tarde.

Generated by  IJG JPEG Library
Intervención da Garda Civil no Camiño de Santiago. EP

Os membros deste grupo, que adoitaban exhibir documentos con logos de ONGs, repartíanse as tarefas, de modo que mentres as mulleres eran as que pedían os donativos e ocultaban o diñeiro na súa roupa interior, os homes presuntamente realizaban labores de vixilancia e incluso cortaban o paso a mulleres ou persoas maiores que peregrinaban soas ou en grupos reducidos.

A Garda Civil intensificou a vixilancia no Camiño e arrestou por estes feitos a catro veciños de Lugo, de entre 20 e 50 anos de idade, de nacionalidade romanesa, que este martes pasarán a disposición xudicial en Sarria por supostos delitos de estafa continuada, falsidade documental e intrusismo.