Detido en Sarria por propinar unha malleira e intentar violar unha veciña

A agresión ocorreu nas Aceas e a vítima, de 67 anos, chegou a quedar inconsciente. O home está en liberdade con orde de afastamento
Ruta de As Aceas de Sarria. PORTO
photo_camera Ruta das Aceas, onde se produciu a agresión. PORTO

Unha veciña de Sarria de 67 anos foi vítima dunha malleira e un intento de violación na ruta das Aceas, feitos polos que foi detido un mozo. O suposto autor, de 23 anos, foi arrestado e o xulgado de primeira instancia e instrución de Sarria decretou este venres a súa liberdade, aínda que cunha orde de afastamento de 300 metros da muller e a prohibición de comunicarse con ela por calquera medio. O home, tamén veciño da vila, é investigado por un delito de lesións e unha posible tentativa de agresión sexual.

Os feitos ocorreron pouco despois das seis da tarde deste mércores. A muller, como fai habitualmente, saíu cos seus dous cans polas Aceas, que discorre xunto ao río e que é utilizada por numerosos veciños.

A vítima foi asaltada supostamente polo mozo, quen a golpeou en reiteradas ocasións e intentaría agredila. A muller incluso chegou a perder o coñecemento durante o ataque.

A sarriá foi trasladada ao hospital Lucus Augusti (Hula) de Lugo, onde tiveron que darlle varios puntos de sutura, e presenta múltiples contusións.

► Máis información na edición impresa de El Progreso deste sábado