Detido un mozo por provocar un incendio nun alpendre en Láncara

Causou danos no teito e afectou a diversa maquinaria
Un agente de la Guardia Civil. EP
photo_camera Un agente de la Guardia Civil. EP

Axentes da Garda Civil detiveron a un mozo veciño do municipio de Láncara de 23 anos de idade como presunto autor dun delito de danos por causar un incendio nun alpendre que afectou a maquinaria.

Segundo informou o Instituto Armado, supostamente este home provocou "un incendio intencionado" nun alpendre, que causou danos no teitume de uralita e afectou a un tractor, un remolque, unha rotoempacadora e un conxelador.

Os danos atópanse pendentes de valoración, sinalaron as mesmas fontes, mentres que a persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial.