Desafectados os terreos da antiga vía do tren entre O Corgo e Sarria

Darío Piñeiro e Pilar López reúnense con Adif para tratar a creación da senda verde nos terreos, que se cederán aos concellos

La antigua vía del tren en A Pobra. PORTO
photo_camera A antiga vía do tren na Pobra. PORTO

Os terreos da antiga vía do tren nos concellos do Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria xa foron desafectados polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif).

O alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e a rexedora de Sarria, Pilar López, reuníronse este mércores en Madrid coa presidenta do organismo estatal, Isabel Pardo de Vera, para abordar a creación da senda verde.

Piñeiro asegurou que o Concello lancarés está pendente de asinar un protocolo con Adif de cara ao traspaso dos terreos, incluídos os edificios, aínda que a estación non se poderá ceder ata o mes de decembro ao estar en vigor un contrato de aluguer. O protocolo "senta as bases de negociación" para transferilos. A nova corporación, dixo, será a que tome a decisión de como se obterán as propiedades, para o que hai "varias opcións", desde aluguer ata expropiación.

Pola súa banda, a alcaldesa de Sarria indicou que se baralla instar á Deputación a asumir os terreos nos catro concellos e que se encargue do mantemento e conservación da senda verde, como ocorre noutras provincias.

A rexedora afirmou que Adif elabora un proxecto para construír un paso subterráneo na estación de tren de Sarria para evitar que os veciños teñan que cruzar a vía. Nas próximas semanas, dixo, profesionais de Adif estarán na vila para explicar a actuación.

Na reunión tamén abordaron a electrificación da liña e a supresión de 14 pasos a nivel no municipio, facendo algúns subterráneos e outros por enriba das vías.

Comentarios