Denuncian que un oso danou 17 colmeas esta semana no concello de Samos

No núcleo de Abradelo colocáronse cámaras para intentar gravar o animal. Os especialistas cren que se trata dun macho novo

Daños provocados por el oso en el colmenar. EP
photo_camera Danos provocados polo oso no colmenar. EP

Un oso esnaquizou 17 colmeas dun apicultor do municipio de Samos. Os danos producíronse ao longo de catro noites desta semana no núcleo de Abradelo, na parroquia de San Cristovo do Real.

José Manuel García Capón, da empresa Terras de Samos, denunciou que o primeiro ataque produciuse na madrugada do martes, cando o animal danou catro das colmeas. O exemplar volveu á noite seguinte e esnaquizou outras catro. Outro tanto fixo o xoves. O oso regresou na madrugada do venres, danando outras cinco. "Fixo unha desfeita grande. Indemnizan o que desfixo, pero perdín a colleitas e os enxames", sinalou o samonense.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Consellería de Medio Ambiente e persoal da fundación Oso Pardo. Os especialistas cren que o causante dos danos pode ser un macho novo, que, ao atopar un colmenar, queda pola zona.

Os axentes instalaron cámaras de videovixilancia para gravar o animal. Segundo explicou o empresario samonense, para poder captalo deixaron unhas colmeas xa danadas e atraer desta forma o plantígrado. Este regresou na madrugada do sábado, pois este sábado atopáronse con novos danos nestas colmeas. Con todo, descoñece se o animal puido ser gravado.

Trátase da primeira vez que José Manuel García sofredesfeitas provocadas polo oso nas súas propiedades. Esta especie xa causou danos fai uns cinco anos en colmeas da zona de Lóuzara, en Samos.

O empresario lamentou de que non lles entreguen pastores eléctricos para frear o acceso dos plantígrados aos colmenares. "Desde a fundación tiñan que facilitárnolos. A min só me deron un e teño once colmenares que poden ser atacados en calquera momento", queixouse. Este samonense considera que "primeiro tíñannos que dar ás persoas que vivimos das colmeas, que creamos riqueza no rural". "Se segue así teremos que marchar e, desta forma, non se fixará poboación no rural", engadiu José Manuel García.

Comentarios