miércoles. 28.10.2020 |
El tiempo
miércoles. 28.10.2020
El tiempo

A Cruz Vermella proxecta crear un taller de detección precoz de demencias

Usuarios do taller de alzhéimer, que se desenvolve nas instalacións da Cruz Vermella.
Usuarios do taller de alzhéimer, que se desenvolve nas instalacións da Cruz Vermella.
Quere ampliar así o "obradoiro" de alzhéimer, polo que pasaron 144 usuarios en 19 anos

A asemblea da Cruz Vermella de Sarria puxo en marcha fai preto de dúas décadas o taller de alzhéimer, polo que pasaron xa 144 usuarios. Agora a entidade aspira a ampliar o proxecto cun programa de detección precoz deste tipo de enfermidades.

A entidade quere integrar este programa dentro dun novo convenio co Concello. O colectivo xa leva a cabo desde hai un tempo unhas clases de memoria, bautizadas como Mente en movemento, coa participación dunha vintena de veciños, que realizan actividades de estimulación cognitiva ou de memoria. Agora a asemblea busca darlle a estas clases "unha regularidade e profundidade en horas e no tempo", apunta o presidente da entidade, o médico Jaime Capellá.

O novo programa de detección precoz destas enfermidades estará aberto a todas as persoas, principalmente xubiladas, que logo de acabar a súa vida laboral "quedan apagadas e para que teñan "un punto de encontro, que para eles sexa un incentivo".

Con esta iniciativa ampliarase o taller de alzhéimer, unha enfermidade da que hoxe se conmemora o día mundial. Este programa naceu en outubro de 2001 a través dun convenio asinado co Concello. O seu obxectivo, explica Capellá, é dar visibilidade a estas enfermidades dexenerativas, concienciar á sociedade, retardar a evolución da doenza e atrasar en moitos casos o internamento do paciente, permanecendo na súa contorna o maior tempo posible.

O taller desenvolveuse primeiro nas instalacións da residencia de maiores Nosa Señora do Carme, aínda que en 2013 trasladouse á sede da Cruz Vermella. Nel participan persoas que están nas fases unha e dúas da enfermidade, é dicir, "casos leves e medios". De media asisten a este "obradoiro" entre "tres e cinco anos", pero un dos usuarios chegou a estar dez anos e dous meses.

O servizo ofrécese de 9.00 a 14.00 horas da man de tres traballadores, ademais de dispor dun condutor. Con eles os participantes, veciños do municipio de Sarria, realizan actividades "de psicomotricidade, para incentivarlles cognitivamente ou terapia manual para que non perdan habilidades", sinala Jaime Capellá.

A Cruz Vermella proxecta crear un taller de detección precoz de...
comentarios