Nova concentración de persoal ante o centro de saúde de Sarria

A mobilización puxo o acento nesta ocasión nas dificultades para conciliar
Participantes en la concentración ante el centro de salud
photo_camera Participantes na concentración ante o centro de saúde. EP

O colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita organizou este luns unha nova concentración ante hospitais e centros de saúde galegos contra a precariedade laboral, aos que se sumou Sarria.

A mobilización, que se produce os días 12 de cada mes, puxo o acento nesta ocasión na reclamación do dereito como traballadores a conciliar debidamente a vida familiar e laboral.

Comentarios