O Concello de Triacastela mellorará a contorna do céntrico monumento ao peregrino

A administración local recibiu unha axuda para esta actuación de 13.300 euros de Turismo de Galicia
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera Monumento dedicado al peregrino en el casco urbano de Triacastela. EP

O Concello da Triacastela mellorará a contorna do monumento ao peregrino, situado na praza do consistorio. Para esta actuación a administración local recibiu unha subvención de 13.335 euros da Axencia de  Turismo de Galicia.

Trátase dun "pequeno acondicionamento" na zona que rodea a este "simbólico" ben, apuntou a alcaldesa, Olga Igrexas. Os traballos consistirán en construír un muro, así como en limpar paredes e beirarrúas. No lugar existe unha árbore que está a danar un muro, polo que estudarán que facer.

O monumento ao peregrino recorda a tradición pola cal as persoas que se dirixían a Santiago collían unha pedra calcaria na zona de Triacastela para levala aos fornos de Arzúa, onde se preparaba o cal para a construción da catedral compostelá.

A escultura é un ben destacado no concello, polo que o pasado ano o Concello decidiu encargar unha talla do mesmo para ser utilizada como símbolo institucional e agasallo oficial da administración local.

A adecuación da súa contorna busca, segundo apuntou a rexedora, "realzar" o monumento, construído no ano 1965.

As obras son subvencionadas con cargo a unha liña de axudas da Xunta de Galicia para actuacións de mellora de infraestruturas turísticas en municipios de ata 10.000 habitantes, da que tamén se beneficiaron outros concellos da comarca sarriá, como O Incio. Neste caso construirase un miradoiro cara ao petróglifo da Pena do Chao, situado en plena Ruta do Ferro.