Concello de Sarria e CIM inician unha campaña contra a violencia de xénero

Baixo a lema O teu exemplo crea sociedade animan a enviar ilustracións, fotos, vídeos ou carteis con mensaxes de igualdade
Acto contra la violencia de género en Sarria en 2018
photo_camera Acto contra a violencia de xénero celebrado en Sarria nunha campaña anterior. AEP

A área de educación, muller, mocidade e integración do Concello de Sarria e o Centro de Información á Muller (CIM) pon en marcha a campaña O teu exemplo crea sociedade polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o próximo día 25.

Invitan a todos os veciños e veciñas a enviar ilustracións, fotos, vídeos, carteis ou no formato que desexen para concienciar e encher a vila de mensaxes "positivas". Pódese participar de forma individual ou colectiva, como negocios, asociacións, equipos, aulas ou colexios.

Os traballos pódense enviar ata o día 23 ao correo electrónico [email protected] difundiranse durante a última semana do mes.

Os interesados tamén poden solicitar maior información no CIM a través do número de teléfono 982.53.50.61.

Comentarios