jueves. 02.07.2020 |
El tiempo
jueves. 02.07.2020
El tiempo

O Concello de Samos dedica a gastos de persoal o 62% do orzamento deste ano

Julio Gallego, alcalde de Samos. AEP
Julio Gallego, alcalde de Samos. AEP

As contas, que sufriron un pequeno descenso con respecto a 2018, só prevén 49.700 euros para investimentos

O Concello de Samos dispón este ano dun orzamento de 1.156.005 euros, dos que 725.372 (un 62%) destínanse a gastos de persoal.

As contas sofren un pequeno descenso con respecto ao pasado exercicio, de 18.000 euros. A maior parte do orzamento dedícase a gastos de persoal, que se incrementaron nuns 47.000 euros fronte a 2018. Pola súa banda, para investimentos reais tan só contémplanse 49.750 euros.

O Concello prevé 360.033 euros para gastos correntes en bens e servizos, mentres que para transferencias correntes destínanse 20.200 e outros 650 son para gastos financeiros.

En canto a ingresos, o Concello contempla recadar en impostos directos e indirectos 219.254 e 7.375 euros, respectivamente. Supón unha lixeira baixada fronte a 2018. Pola contra, prevé un pequeno incremento na contía a percibir por taxas, prezos públicos e outros ingresos. Por este capítulo ingresará 258.333 euros, mentres que de transferencias de capital proxecta percibir 30.000 euros.

Con respecto ás transferencias correntes doutras administracións, o Concello contempla ingresar 641.000 euros, unha cifra moi similar á do orzamento do pasado ano.

As contas recibiron luz verde do pleno, cos votos a favor do goberno, mentres que CxG abstívose. Pola súa banda, os concelleiros do PP non acudiron á sesión. Tras iso o orzamento someteuse a exposición pública durante 15 días, prazo no que non se recibiron reclamacións, polo que foi aprobado de forma definitiva e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

ANEXO DE PERSOAL. O Concello samonense tamén deu luz verde, xunto ás contas, ao anexo de persoal correspondente a este exercicio, no que figuran oito vacantes.

Entre elas figura un traballador social a media xornada, un capataz, un axente de emprego e desenvolvemento local, e un auxiliar do servizo de axuda a domicilio. Tamén está pendente de cubrir unha praza de arquitecto, cun 60% da xornada.

Para as vivendas comunitarias están vacantes os postos de xerente e dous coidadores. A estas instalacións municipais dedícanse unha parte importante dos traballadores do Concello, pois este servizo conta cun asistente-acompañante e cinco coidadores, segundo recolle o anexo de persoal.

Laboral
Iniciado o proceso para cubrir tres prazas


O Concello samonense ten en marcha o proceso de selección para cubrir tres prazas: un axente de emprego e desenvolvemento local, un coidador de vivenda comunitaria e un traballador social.

Anuncio
O anunciou saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia e o Diario de Galicia. Segundo as bases, o prazo para a presentación de solicitudes abrirase unha vez que a convocatoria salga anunciada no Boletín Oficial do Estado.

O Concello de Samos dedica a gastos de persoal o 62% do orzamento...
comentarios