Domingo. 18.11.2018 |
El tiempo
Domingo. 18.11.2018
El tiempo

O Concello lancarés pecha a pasarela da área fluvial da Pobra por seguridade

A pasarela foi pechada con táboas e cintas. VÁZQUEZ RIVAS
A pasarela foi pechada con táboas e cintas. VÁZQUEZ RIVAS

A ponte de madeira, que foi arrastrada por unha crecida hai anos e desde o cal se lanzan bañistas, foise deteriorando e precisa melloras

O Concello de Láncara pechou a pasarela de madeira do club fluvial da Pobra de San Xiao por motivos de seguridade e para acometer actuacións de mellora e conservación tras detectar que este paso peonil estábase deformando nalgunhas partes.

A pasarela, duns 35 metros de lonxitude, foi clausurada cunhas cintas que impiden o paso e uns carteis nos que se informa de que permanece cortada "por labores de mantemento e por seguridade". A maiores, o Concello colocou varias táboas con ancoraxes para evitar o acceso e, deste xeito, previr accidentes.

Esta ponte peonil foi construída fai preto de dez anos cunha partida de 60.000 euros procedente do Fondo Estatal de Investimento Local. Nos primeiros días do ano 2011, as intensas choivas provocaron unha crecida do río que acabou por arrastralo. Tras aquel incidente, a infraestrutura foi sometida a unha reparación, consistente en aumentar a súa base e mellorar as sujeciones para evitar casos similares.

PROHIBICIÓNS. A pasarela sofre tamén un uso inapropiado, dado que son varios os bañistas que se soben a esta estrutura para lanzarse á auga. Xa no verán de 2010, o Concello lancarés instalou carteis na praia fluvial prohibindo este tipo de prácticas polo perigo que supoñen. Algúns usuarios aproveitaban a ponte para subirse ás varandas e zambullirse na auga, tirándose desde unha altura considerable. Estas condutas seguen estando prohibidas, pero algunhas persoas continúan facendo caso omiso.

Todas estas circunstancias poden influír na deterioración de tal infraestrutura, que resulta moi útil para os veciños porque comunica a praia fluvial coa urbanización de Valdriz e un camiño que conduce a Chousa, xa no municipio de nbsp;&Corgo.

O Concello de Láncara detectou certos problemas na pasarela, polo que decidiu cortala incluso estando en marcha a tempada de verán por motivos de seguridade e para acometer tarefas de mantemento e conservación.

Para iso, solicitou á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) os permisos correspondentes, ao tratarse do dominio público hidráulico, para executar unha mellora integral.
 

O Concello lancarés pecha a pasarela da área fluvial da Pobra por...
Comentarios