Láncara homenaxea aos concelleiros da democracia

Un total de 55 homes e mulleres foron recoñecidos na localidade ► No salón de plenos descubriuse unha placa co nome de todos eles
Los homenajeados. VILA
photo_camera Los homenajeados. VILA

Láncara homenaxeou este venres aos 55 homes e mulleres que exerceron na localidade como concelleiros durante o período democrático

No salón de plenos descubriuse unha placa co nome de todos eles. Tamén houbo un recoñecemento para os exalcaldes Eladio Capón e José Sangil, que recibiron de mans do actual rexedor, Darío Piñeiro, senllas réplicas do bastón de mando. 

No acto interviñeron Darío Piñeiro —que recibiu a sorpresa da colocación do seu retrato no salón de plenos—; o tenente de alcalde e deputado, Pablo Rivera; e o exconcelleiro e corresponsal de El Progreso en Láncara, Manuel Vázquez Rivas.

O acto rematou coa interpretación do himno galego por parte de Marcos Vázquez

Comentarios