O Concello do Incio repartirá 25 composteIros entre os seus veciños

O obxectivo é reducir o custo do tratamento de residuos e reutilizalos para mellorar a calidade do chan
Un hombre trabaja con un compostero
photo_camera Un home traballa cun composteIro. AEP

O Concello do Incio adheriuse ao programa de compostaxe doméstica de Sogama e repartirá 25 composteIros entre os veciños que os soliciten, de forma totalmente gratuíta.

O obxectivo é reducir os residuos, tanto para atenuar a pegada ambiental que producen como para recortar os custos do tratamento do lixo. O goberno local entende que a compostaxe é un bo modo de reutilizar residuos, reducir a contaminación e aproveitalos para enriquecer o chan.

Os 25 composteros que repartirá o Concello e O Incio poden instalarse no exterior das vivendas ou nos terreos anexos. Trátase de colectores duns 300 litros de capacidade, que van acompañados dun manual de instrucións no que se explica como realizar o proceso de compostaxe. É un proceso limpo, non produce malos cheiros e non necesita mantemento. 

Con esta técnica, ademais da obtención de compost, o Concello do Incio pretende aforrar custos derivados da xestión de residuos, pois se se xeraliza a compostaxe "os concellos poden ver reducida a frecuencia de recollida do lixo convencional, así como o importe da factura que deben pagar a Sogama pola xestión e tratamento da bolsa negra".

O Concello indica que as persoas interesadas en recibir un destes colectores poden solicitalo a través do teléfono 982.42.70.14. 
 

Comentarios