O Concello expropiará "de mutuo acordo" con Adif os terreos do tren da Pobra

O alcalde anunciou que son uns 28.000 metros cadrados, a antiga estación e outras construcións para facer unha senda verde
La antigua estación y los terrenos de la línea de ferrocarril. VILA
photo_camera La antigua estación y los terrenos de la línea de ferrocarril. VILA

O Concello de Láncara expropiará "de mutuo acordo" co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) os terreos e edificios da antiga vía do tren da Pobra de San Xiao para construír unha senda verde, anunciou este xoves o alcalde, Darío Piñeiro.

Trátase duns 28.000 metros cadrados –entre os dous antigos pasos a nivel–, a estación do ferrocarril e outras construcións. é a adquisición "máis importante e que máis vai a cambiar a imaxe da Pobra na súa historia", sinalou o rexedor, quen dixo que é posible logo dunha "unha negociación moi longa e bastante complicada". "Supuxo moitas chamadas, videochamadas, correos electrónicos coa Coruña, León, Asturias e Madrid", tras o que chegaron a un acordo, explicou.

Decantáronse por unha "expropiación pactada" por cuestións "legais". Agora, indicou, os técnicos das dúas administracións encárganse da tramitación de toda a documentación.

O alcalde non quixo desvelar a contía pola que se expropiarán os terreos e inmobles. Para custear a operación prevé levar ao pleno ordinario da próxima semana un suplemento de crédito.

Unha vez que o Concello teña a titularidade dos terreos poderán executar obras e solicitar subvencións para iso. "Ata agora non podiamos facer nada", alegou. O ente local está pendente da aprobación definitiva por parte da Xunta do plan especial de infraestruturas e dotacións para a súa integración e as súas conexións coa trama urbana da Pobra, o cal debulla as diferentes actuacións que se proxectan. O documento contempla a creación dunha senda verde e un carril-bici, a construción dunha glorieta para conectar a estrada LU-546 coa Rúa Benigno Quiroga e a adecuación dos antigos edificios de ferrocarril, entre outros traballos.

Darío Piñeiro explicou que inicialmente nas negociacións con Adif querían todos os terreos do tren ao seu paso polo termo municipal de Láncara, pero por agora só pódense facer cos do centro urbano da Pobra por problemas "legais".

O rexedor asegurou que continuarán coas xestións para lograr todos, para o que Láncara se unirá co Corgo. Xa mantivo conversacións co alcalde deste concello, Felipe Labrada, quen sinalou que intentarán "en colaboración" lograr os terreos para construír un paseo que unha os dous municipios, desde Maceda ata A Pobra, "unha demanda dous veciños". "Veremos que se pode facer, unha compra ou unha cesión", dixo o rexedor corgués.

Piñeiro afirmou que non descartan comunicarse co Páramo e Sarria para que participen nestas negociacións, pois a antiga vía tamén discorría por estes dous concellos.

Comentarios