Comeza en Triacastela un campo de voluntariado sobre o Camiño de Santiago

Participan mozos residentes en Galicia de entre 18 e 30 anos
Participantes en un campo de voluntariado en Triacastela
photo_camera Recepción no consistorio aos participantes no campo de voluntariado. EP

A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, recibiu o xoves no consistorio a decena de mozos participantes nun campo de voluntariado sobre o Camiño de Santiago que se desenvolve neste municipio desde o pasado mércores e ata o día 9 de agosto.

Esta actividade está organizada pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta e diríxese a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idade residentes na comunidade galega.

O campamento ofertaba un máximo de 12 prazas para cumprir coas medidas de prevención do Covid-19.

Os participantes prestarán apoio aos peregrinos que percorren o Camiño Francés e, ao mesmo tempo, gozarán de varias actividades de lecer.

Comentarios