A terceira edición do Salón Eventos&Vodas de Sarria comezou este sábado no hotel Afonso IX cunha vintena de expositores que mostraron as novidades nun sector que cada vez prima máis a animación e diferenciación.
Propostas divertidas como
O presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces), Ricardo Arias, foi o encargado de inaugurar esta cita, acompañado da alcaldesa, Pilar López, e do presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, quen destacou a intensa actividade da Aces.
Os tres percorreron os expositores de Bicarelo, B the travel brand, Danton, Afonso IX, Pili Madeira, Vida Láctea, Artelís, Duet, D"Ari, Isabel, Sarillo, Cris Abad, Kaxa, Salgado, Selectdeco, Zaida, Camba, Magic Mirror Party, A Gramola e Clásicos de Voda, que ofrecen desde roupa de cerimonia, ata calzado, moda íntima, barbería, xoiería, florería, viaxes ou actividades de animación.
O salón, de entrada libre, incluíu varias pasarelas de moda e propostas de viaxes, que tiveron unha boa acollida de público.
Este domingo abriu de novo as súas portas ás 11.00 horas para ofrecer descontos aos visitantes, quen tamén entrarán nun sorteo de 500 euros. Ademais, ás 13.00 horas sortéase unha sesión de barbería en vivo e as 16.00 unha festa infantil. Ás cinco da tarde celebrarase unha demostración de ramos de noiva e unha hora despois poderá verse unha completa recreación dunha voda. ás 18.30, o hotel Alfonso IX dará unha masterclass de cociña e a partir as 19.15 horas terá lugar un novo desfile de roupa para enlaces.