sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Comerciantes e Concello de Sarria colaboran de novo nas luces de Nadal

Decoración no Malecón. EP
Decoración no Malecón. EP
Incrementáronse para "facer máis atractivo o pobo e axudar á hostalaría, o comercio e o ánimo da xente"

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces) e o Concello colaboran un ano máis na instalación das luces de Nadal na localidade. O colectivo financia a colocación de arcos en diversas rúas nos que ten negocios asociados e o Concello asume o custo enerxético.

O acendido destes adornos realizouse hai xa uns días, coincidindo cunhas xornadas de descontos no comercio local.

A maiores, o Concello completa a decoración en distintas rúas e barrios como os do Mazadoiro ou As Insuas. Encárganse tamén de colocar luces en lugares estratéxicos como Catro Camiños ou o paseo do Malecón, onde loce un corazón para que se fagan fotos os viandantes. Ademais, decora edificios municipais e leva iluminación a centros asistenciais como a residencia de maiores.

Segundo a concelleira Geni Valcárcel, este ano aumentan as luces para "facer máis atractivo o pobo e axudar á hostalaría, o comercio e o ánimo da xente".

Comerciantes e Concello de Sarria colaboran de novo nas luces de Nadal
comentarios