Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta en Sarria sáldase sen feridos

O accidente ocorreu na estrada LU-546, na entrada á vila

Colisión entre un turismo y una furgoneta en la LU-546, en Sarria. PORTO
photo_camera Os bombeiros de Sarria limpando os restos do accidente. PORTO

Unha colisión frontolateral entre un turismo e unha furgoneta na estrada que une Nadela e Monforte (LU-546), en Sarria, sáldase sen feridos.

O accidente produciuse este xoves sobre as once da mañá, pouco antes da entrada á vila desde Nadela. A furgoneta circulaba dirección Sarria e o turismo viaxaba sentido Nadela. Este último dispúñase a virar cara a uns negocios cando chocou contra o outro vehículo.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia do 061, aínda que finalmente non houbo que lamentar feridos. Tamén se trasladaron a Garda Civil, do Subsector de Tráfico e os bombeiros do parque de Sarria.

Comentarios