Colisión sen feridos entre un camión e un coche na Rúa Diego Pazos de Sarria 

O choque provocou danos materiais de pouca relevancia nos vehículos

A Rúa Diego Pazos de Sarria foi escenario ás nove e cuarto da mañá deste martes dunha colisión entre un coche e un camión. O accidente saldouse sen feridos e tan só se tiveron que lamentar danos materiais sen gran relevancia nos vehículos.

Ata o lugar do sinistro desprazouse unha patrulla da Policía Local de Sarria.