Colectivos verifican se pararon unha obra na serra do Oribio

Trabajos en la Serra do Oribio. EP
photo_camera Traballos na serra de Oribio. EP

Adega, a Sociedade Galega de Ornitoloxía e outros colectivos comprobaron este mércores se se paralizaron, como anunciara a Xunta, as obras nun parque eólico na serra do Oribio, no límite de Samos e Triacastela. As entidades denunciaron en días pasados os traballos, que están parados, ante o ente autonómico.

A Xunta de Galicia abriu este luns un expediente sancionador aos promotores do futuro parque e adoptou como medida cautelar a paralización "inmediata" das obras. Estas foron denunciadas por En Marea o pasado venres, cando xa solicitou que se parasen.

Comentarios