Colectivos ecoloxistas celebran a decisión do TSXG sobre o parque eólico do Oribio

Os obras continuaban este martes malia a petición da plataforma Salvemos O Iribio para que se paralizasen de inmediato
Trabajos en la Serra do Oribio. EP
photo_camera Trabajos en la sierra de Oribio. EP

Colectivos ecoloxistas como Adega ou Verdegaia e representantes de partidos como BNG, En Marea, Podemos ou Anova celebraron nas últimas horas a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de suspender a aprobación no Consello da Xunta do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico da Serra do Oribio.

O alto tribunal galego suspendeu o acordo do 27 de xuño e as súas disposicións normativas "mentres non se actualice a declaración de impacto ambiental (DIA) do ano 2005 e se xustifique a prevalencia do uso industrial que afecta a valores ambientais, paisaxísticos, forestais e culturais". 

Por todo isto, a plataforma Salvemos O Iribio pediu o luns á Consellería de Economía e Industria e aos concellos de Triacastela e Samos que ordenasen nun prazo de 24 horas "a paralización inmediata das obras", algo que este martes non sucedera, xa que as máquinas continuaban a traballar no Oribio.

BNG. A deputada do BNG Olalla Rodil advertiu este martes á Xunta de que a Serra do Oribio é un espazo natural protexido por cuxa conservación "ten que velar" a Xunta e "non destruílo".

Así o trasladou nun comunicado no que celebra o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda que sexa provisional, a raíz do recurso presentado pola plataforma Salvemos O Iribio.

Non en balde, Rodil remarcou a relevancia paisaxística e etnográfica desta zona da demarcación Ancares-Courel, e incidiu en que unha declaración de impacto ambiental de hai 14 anos "non pode xustificar a destrución dun espazo Rede Natura 2000 como Oribio". Así as cousas, instou ao Executivo autonómico a "garantir o cumprimento das medidas cautelares impostas" polo TSXG.

Comentarios