Unha ciclista sofre unha caída na LU-633 no concello de Triacastela

Unha ciclista sufriu este martes unha caída da súa bicicleta na estrada que comunica Pedrafita do Cebreiro e Palas de Rei (LU-633), ao seu paso por Biduedo, no concello de Triacastela. Un particular alertou a urxencias 112, aínda que finalmente a muller, posiblemente peregrina, rexeitou a asistencia dunha ambulancia.

Este incidente en Triacastela produciuse cinco días despois de que outro ciclista sufrise unha caída na LU-633, aínda que naquela ocasión ocorreu na localidade de Samos e a vítima, un peregrino madrileño, sufriu feridas graves.