A CHMS autoriza o proxecto da pasarela provisional de Ponte Ribeira

A infraestrutura permitirá reabrir o viaduto logo de seis anos cortado
Ponte Ribeira, cortada. ARCHIVO
photo_camera Ponche Ribeira de Sarria. AEP

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) autorizou este venres o proxecto para construír a pasarela metálica provisional en Ponte Ribeira de Sarria. Desta decisión deulle traslado o presidente do organismo de conca, José Antonio Quiroga, ao alcalde, Claudio Garrido, durante un encontro no consistorio sarrián.

O Concello, tras recibir este permiso, poderá realizar os correspondentes trámites para sacar a licitación as obras da infraestrutura, que permitirá reabrir o viaduto logo de seis anos cortado.

A actuación consistirá nunha plataforma metálica provisional cun carril para o tránsito de vehículos e unha beirarrúa de 2,4 metros para peóns e peregrinos. As obras financiaranse con cargo a un convenio coa Deputación Provincial de Lugo por un importe de 150.000 euros.

Comentarios