A cheminea da antiga Feculera de Sarria ilumínase por primeira vez

undefined
photo_camera A cheminea da antiga Feculera de Sarria, iluminada. EP

A iluminación do Nadal na vila de Sarria presenta este ano como principal novidade a iluminación da torre da antiga Feculera, para o que foi necesario o emprego dun guindastre debido á altura que presenta este exemplo de arquitectura industrial.

Esta decoración forma parte dun acordo entre o Concello de Sarria e a empresa Monrabal, que resultou adxudicataria dos servizos enerxéticos do municipio durante os próximos 20 anos.

A firma valenciana puxo os seus medios para colocar a iluminación da cheminea e asumirá o seu custo, segundo explicaron desde o grupo de goberno.

As instalacións da Feculera son un ben de propiedade municipal tras ser adquirido polo Concello este ano polo importe de 300.000 euros. A súa titularidade pública fai que sexa posible a súa iluminación, que en principio se manterá ata despois de Reis e que resulta visible desde varios puntos da vila.

A concelleira Geni Valcárcel sinalou que esta decoración permite "poñer en valor" a antiga Feculera, á vez que se dá a coñecer e se poténciase un barrio sarrián como é o da estación.

Comentarios