Celebrado o funeral pola parella holandesa que foi atopada morta en Paradela

Os seus corpos foron incinerados e os seus familiares decidiron non repatrialos e deixar os seus restos na localidade lucense
Unos peregrinos pasan delante de la casa de la familia, en Paradela. VILA
photo_camera Unos peregrinos pasan delante de la casa de la familia, en Paradela. VILA

A igrexa de Ferreiros, no concello de Paradela, acolleu o pasado luns o funeral pola parella de nacionalidade holandesa que se quitou a vida na súa casa desta parroquia. Os seus corpos foron incinerados e os seus familiares decidiron non repatrialos e deixar os seus restos na localidade lucense. A este municipio chegaron en 2014, logo de percorrer o Camiño de Santiago.

O tráxico desenlace desta parella causou conmoción no concello. A muller, de 46 anos, foi achada morta o 6 deste mes na súa vivenda, mentres que o home, duns 50, foi atopado sen vida tan só tres días despois, o 9, no mesmo lugar.

Coa parella vivía o fillo dela, que estivo desaparecido máis dunha semana e xa faltara de casa en anteriores ocasións. Foi atopado o día 10 no centro comercial As Termas de Lugo tras o aviso dunhas persoas que o coñecían.

A Xunta asumiu a tutela do adolescente á espera de decidir sobre futuro. O menor non ten familiares en Galicia e o seu pai biolóxico, de nacionalidade holandesa, viaxou á comunidade.