A Casa Niño da Pobra de San Xiao atende de forma gratuíta a dez menores

A directora xeral destaca o labor destas instalacións na axuda á conciliación laboral e familiar nos municipios rurais

La directora xeral de Familia (derecha) visitó el miércoles las instalaciones. EP
photo_camera A directora xeral de Familia (dereita) visitou o mércores as instalacións. EP

A Casa Niño da Pobra de San Xiao, en Láncara, atende na actualidade de forma gratuíta a dez menores, en horario de nove da mañá a cinco da tarde. As instalacións, denominadas Cascarón Vermello, atópanse situadas en Valdriz.

O centro recibiu o mércores a visita da directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta, Amparo González, quen estivo acampañada do delegado territorial, José Manuel Balseiro. Asistiron tamén o alcalde socialista, Darío Piñeiro, e o portavoz do PP neste municipio, Santiago Cubillas, entre outros.

A directora xeral destacou a importancia das Casas Niño para facilitar a conciliación laboral e familiar nos municipios rurais. Segundo recordou, trátase dun recurso gratuíto para aquelas familias que residen en concellos de menos de 5.000 habitantes nos que non existe ningún outro establecemento dedicado á atención continuada á infancia.

Amparo González explicou que a Xunta ten entre os seus obxectivos ampliar a rede de Casas Niño, polo que ten en marcha a terceira convocatoria de subvencións para crear este tipo de servizos.

PRAZO DE SOLICITUDES. O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a esta liña de axudas atópase aberto ata o día 3 de setembro. Outorgaranse 15 novas subvencións para financiar outros tantos proxectos.

Segundo datos da Xunta, o investimento conxunto entre esta convocatoria e as dous anteriores, correspondentes aos anos 2016 e 2017, alcanza os 6,1 millóns de euros para a creación dun total de 61 garderías.

O obxectivo é que no ano 2020 todos os concellos de Galicia teñan polo menos un recurso de conciliación, sinalou a directora xeral de Familia, quen tamén fixo fincapé no papel que xogan estes proxectos para apoiar a emprendedores da zona rural.

A Casa Niño da Pobra de San Xiao entrou en servizo en decembro do ano 2016 na planta baixa da casa familiar da súa promotora, Susana Ungría.

Na comarca de Sarria existe outra Casa Niño no concello de Paradela, tamén para menores de 0 a 3 anos, mentres que no Incio reabrirá en breve tras varios anos sen prestar servizo o Punto de Atención á Infancia (PAI).

Comentarios