Cáritas de Sarria reuniu preto de 3.000 quilos de alimentos para necesitados

A operación Quilo realizouse en supermercados da vila coa colaboración de voluntarios e numerosos veciños

Alamacén de alimentos de Cáritas de Sarria. Porto
photo_camera Almacén de alimentos de Cáritas de Sarria. PORTO

A agrupación de Cáritas Interparroquial de Sarria recolleu 2.962 quilos de alimentos durante a última operación Quilo, a cal tivo lugar os pasados días 21 e 22 en supermercados da vila.

Foron reunidos produtos típicos das festas do Nadal, conservas, leite, aceite e outros alimentos non perecedoiros cos cales a organización benéfica realiza lotes para entregar durante estas celebracións ás familias máis desfavorecidas do municipio.

Cáritas Interparroquial mostrou o seu agradecemento aos establecementos que permitiron levar a cabo a operación Quilo, así como aos voluntarios da entidade que realizaron a recollida. Tamén agradeceu a súa axuda a todos os benefactores e colaboradores, que "co seu aguinaldo achegan, nestas datas de inmensa alegría celebrando o Nadal, o seu corazón para dar acubillo a moitos humanos", sinalaron desde a agrupación, que felicitou o novo ano a todos os veciños.

Comentarios