A cantante Uxía ofrece o sábado un concerto na Feira de Turismo de Samos

Uxía Senlle. EP
photo_camera Uxía. EP

O Concello de Samos celebrará o vindeiro sábado a súa Feira de Turismo, consistente en varias actividades que amenizarán toda a xornada e rematarán, ás sete da tarde, co concerto da cantante Uxía Lume novo de Nadal.

A actuación, con protocolos fronte ao covid, terá lugar no campo da festa, onde se instalará unha carpa climatizada. A feira comezará xa ás 12.00 horas coa música de cantares de cego, que estarán animando durante todo o día o pobo entre un espectáculo e outro.

MAXIA. Entre as 13.00 e as 14.00 será a quenda do Mago Teto cunha sesión de ilusionismo e, ás 17.00 horas, o público infantil tamén poderá gozar con Filipa cos contos a cargo de Bandullo Azul.

Todas estas actividades son financiadas polo Concello que dirixe Julio Gallego con fondos procedentes do plan único de cooperación da Deputación Provincial de Lugo.