martes. 25.02.2020 |
El tiempo
martes. 25.02.2020
El tiempo

O torneo de futbolín Concello do Incio contará con máis de medio centenar de parellas

Gañadores dun torneo de futbolín disputado no Incio o pasado decembro. AEP
Gañadores dun torneo de futbolín disputado no Incio o pasado decembro. AEP
A cita será este sábado no pavillón do municipio

O primeiro Campionato de Futbolín Concello do Incio celebrarase este sábado no pavillón municipal coa participación de máis de medio centenar de parellas, procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias e Castela-León.

O torneo dará comezo ás 12.00 horas e ata ese momento permanecerá aberto o prazo de inscrición, a cal pode formalizarse chamando ao Concello ou no número de teléfono 637.176.984.

Entre os participantes cóntanse as dúas parellas gañadoras do campionato tivo lugar no Incio o pasado 29 de decembro, as cales conseguiron a inscrición gratuíta.

Segundo informou a organización, repartiranse distintos premios en metálico, así como trofeos, medallas e cestas de produtos autóctonos. O evento conta coa colaboración de Lucus Recreativos.

O torneo de futbolín Concello do Incio contará con máis de medio...
Comentarios