miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Unha campaña concienciará sobre a recollida de excrementos caninos en Sarria

undefined
Campaña de concienciación do Concello de Sarria. EP
O Concello instalará carteis en distintos puntos da vila

O Concello de Sarria inicia unha campaña para concienciar aos propietarios de cans sobre a obriga de retirar os excrementos das súas mascotas para ter unhas zonas públicas limpas.

O primeiro paso é a colocación de carteis en distintos puntos da vila recordando a necesidade de manter unha actitude cívica mediante a limpeza destes excrementos, así como a prohibición do acceso dos cans ás áreas deportivas da localidade.

Tras unha fase de concienciación chegará a esixencia do cumprimento da ordenanza de limpeza e protección ambiental, que cualifica como infracción grave, con multa de 200 euros, non proceder á recollida dos excrementos dos animais.

Desde o Concello recordan tamén a obriga de que os cans leven un chip identificativo. A Policía Local dispón xa dun lector que permite realizar esta comprobación sen achegarse ao can.

Por mor desta campaña municipal, varios propietarios de mascotas pediron que se habilite algunha zona na vila que permita o esparexemento destes animais.

Unha campaña concienciará sobre a recollida de excrementos caninos...
comentarios