A asociación de comerciantes de Sarria inicia unha campaña polo Día da Nai

Repartirá tres vales de compra de 50 euros cada un e unha cea para dúas persoas
photo_camera Gañadora da campaña do Día da Nai de 2021. AEP

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces) ten en marcha, coa colaboración do Concello, unha campaña polo Día da Nai, na que repartirá tres vales de compra por importe de 50 euros cada un e unha cea para dúas persoas.

Adicatorias a mamá! é o nome desta iniciativa. O próximo día 29 unha reporteira estará polas rúas da vila para recoller as dedicatorias dos viandantes para as súas nais, que posteriormente se subirán ao Facebook da Aces e a que maior número de gústame teña gañará unha cea para dúas persoas. Os votos serán contabilizados ata as 23.59 horas do 1 de maio.

A asociación tamén sorteará tres vales de 50 euros entre todas as persoas que realicen as súas compras nos negocios asociados desde este martes ata o próximo día 1. Os clientes depositarán os seus billetes cos seus datos persoais nas urnas habilitas nos establecementos.

O día 3, ás 13.00 horas, procederase ao sorteo ante público dos vales, informou a Aces, que destacou que Sarria ten "un comercio e hostalaría activos e con inquedanzas, que innovan continuamente para chegar aos clientes".

Comentarios