A antiga prisión de Sarria acolle unha exposición sobre os valores do Camiño

A mostra, con doce fotografías realizadas por peregrinos, está organizada pola Mancomunidade de Concellos do Camiño Francés e cedida por Correos
Cartel de una exposición fotográfica sobre el Camino en Sarria
photo_camera Cartel da exposición fotográfica, cos horarios de visita. EP

A oficina municipal de turismo de Sarria, sita no edificio da antiga prisión comarcal, acolle ata o día 29 deste mes, en horario de 10.00 a 14.00 horas, a exposición fotográfica Los valores del Camino en 12 meses, organizada pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, baixo a presidencia do Concello de Sarria e cedida por Correos.

A mostra inclúe 12 fotografías, que reflicten os principais valores da ruta xacobea que os peregrinos destacan da súa experiencia no Camiño: forza, espiritualidade, integración, cultura, diversidade, solidariedade, amizade, sensibilidade, sustentabilidade, hospitalidade, esperanza e paz.

Estas fotos, relizadas por peregrinos, resultaron elexidas entre as máis de 600 imaxes que se presentaron a un concurso de Correos.

Comentarios