A antiga prisión de Sarria acolle unha mostra sobre o Camiño Francés

A exposición fotográfica conmemora o vixésimo quinto aniversario da declaración desta ruta como Patrimonio Mundial

Exposición sobre el Camino Francés en Sarria
photo_camera Acto de inauguración da mostra. VILA

A antiga prisión comarcal de Sarria acolle ata o próximo día 14 unha exposición de fotos con motivo do vixésimo quinto aniversario da declaración do Camiño Francés como Ben Patrimonio Mundial.

A mostra, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, leva por título Xacobeo: cando todos os camiños conducen a Galicia e realiza unha retrospectiva sobre o punto de inflexión que supuxo este fito na peregrinación a Compostela.

A exposición chega a Sarria coincidindo ademais coa conmemoración, o día 2 de febreiro, dos 90 anos do nacemento do sacerdote Elías Valiña, o gran impulsor desta ruta. Con este motivo, Luís Celeiro falou da figura deste ilustre sarrián durante o acto de inauguración da mostra, ao que asistiu o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.

Os visitantes poderán coñecer esta exposición itinerante en horario de 10.00 a 14.00, de luns a venres, no antigo cárcere, situada a pé do Camiño.
 

Comentarios