A antiga prisión acolle unha exposición sobre o traxe festivo da muller aldeá

Mostra en Vilalba
photo_camera Pezas da mostra. ARCHIVO

A antiga prisión comarcal de Sarria acolle dende este luns unha exposición sobre o traxe festivo da muller aldeá nas terras de Lugo, organizada polo grupo El Progreso nun proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo, e que conta coa colaboración de Traxandaina e do Concello de Sarria.

A mostra, de entrada gratuíta, poderá visitarse ata o vindeiro 1 de maio, de 9.30 a 14.00 horas. Para acudir fóra deste horario, o Concello ofrece a posibilidade de concertar unha cita no teléfono 982.53.06.68.

Nesta exposición, composta por unha ducia de vestimentas, poden verse pezas antigas e réplicas de traxes festivos de gala de mulleres luguesas de finais do século XIX, froito dun traballo de investigación realizado ao longo dos anos polo obradoiro artesán Traxandaina.

A mostra, co apoio da Xunta, ten carácter itinerante e recala na vila de Sarria tras percorrer con grande éxito varios concellos da provincia polos que pasan distintos Camiños de Santiago.

Comentarios