martes. 04.08.2020 |
El tiempo
martes. 04.08.2020
El tiempo

Ana Pontón, profeta na súa terra: o BNG case duplica ao PSOE en Sarria

Votantes no mercado gandeiro de Sarria, nave á que foron trasladadas tres mesas polo Covid. PORTO
Votantes no mercado gandeiro de Sarria, nave á que foron trasladadas tres mesas polo Covid. PORTO
A formación nacionalista sitúase como segunda forza política na capital â?? O PP arrasa na comarca

A nacionalista Ana Pontón foi profeta na súa terra, Sarria, ao converterse o BNG en segunda forza no municipio, co 25% dos votos. Case duplica ao PSOE neste concello, no que arrasou o PP, formación que tamén varreu no resto da comarca.

6Os populares lograron o 55% dos votos na capital, preto de tres puntos máis que en 2016. O maior incremento foi do BNG, que subiu en once puntos e 1.000 votos máis que en 2012. Os grandes perdedores en Sarria foron o PSOE, que quedou en terceira posición, e Galicia en Común, relegada a quinta forza, incluso superada por Vox.

O PP tamén arroiou no resto da comarca, destacando o 71,71% dos votos que logrou en Paradela, municipio no que elección tras elección domina o partido da gaivota. Tamén tivo vitorias moi folgadas noutros dous concellos nos que gobernan os populares (Triacastela e O Incio).

PSOE e BNG igualan forzas fóra da capital comarcal, onde só hai sorpasso no Páramo, por unicamente dous sufraxios. Nos outros concellos sepáraos un puñado de votos, a favor dos socialistas.

Con respecto ao resto de partidos, Galicia en Común é a cuarta forza en Paradela, O Páramo, O Incio, Láncara e Triacastela, mentres que Vox ocupa esta posición en Samos e Sarria. Con todo, todos eles están moi lonxe do terceiro partido.

A comarca seguiu a tónica xeral de baixada de participación, pois baixou en todos os concellos con respecto ás últimas eleccións autonómicas, excepto no municipio de Samos.

5

Ana Pontón, profeta na súa terra: o BNG case duplica ao PSOE en Sarria
comentarios