Adif fará expropiacións de terreos para obras na vía do tren en Sarria e Láncara

Un tren en Láncara. ARCHIVO
photo_camera Un tren en Láncara. ARQUIVO

A Secretaría Xeral de Infraestruturas, a instancia do Administrador de Infraestrcuturas Ferroviarias (Adif), iniciou un expediente de expropiación forzosa de varios terreos nos concellos de Sarria e Láncara, ademais do Corgo e Lugo, para acometer un proxecto de tratamento de pontes e explanaciones no tramo Monforte-Lugo da vía férrea.

Este proxecto, aprobado en decembro, leva a declaración de utilidade pública ou interese social, e a necesidade de ocupación urxente dunha serie de bens.

Entre eles, cóntanse 15 parcelas pertencentes ao termo municipal de Sarria e seis no concello de Láncara. Os propietarios destes terreos afectados serán citados de forma individual para o día 23 de abril para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación nos seus concellos.

O expediente atópase en fase de información pública e o anexo de expropiacións pode consultarse, entre outros lugares, nos respectivos concellos e a subdelegacion do Goberno.

Comentarios