Ecoloxistas denuncian que os camións seguen subindo ao Oribio polo percorrido prohibido

Adega e SGO piden á Fiscalía que investigue se a promotora do parque eólico está a incumprir a disposición da Xunta
Trabajos en la Serra do Oribio. EP
photo_camera Traballos na serra de Oribio. EP

As organizacións ecoloxistas Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) e a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), en nome da plataforma Salvemos O Iribio, presentaron ante a Fiscalía Provincial de Lugo un escrito no que se lle solicita ao ministerio público que investigue se a empresa que está a construír un parque eólico na Serra do Oribio cumpre coas disposicións ditadas pola Consellería de Industria.

En concreto, ambos os colectivos fan referencia á disposición ditada por Industria que lle prohibe á empresa promotora acceder ao cume da serra a través do camiño que pasa Airapadrón e Lampazas, no municipio de Samos.

Membros da citada plataforma viron "nos últimos días subir a camións de obra cara ao cume da serra polo percorrido prohibido pola Consellería de Industria".

"Isto, sumado á evolución que experimentaron nas últimas semanas as obras do parque eólico, suxire que a empresa estaría a incumprir tal prohibición, disposta o pasado 21 de agosto".

Así mesmo, nesa denuncia, ambos os colectivos pídenlle á Fiscalía que investigue tamén a actuación do alcalde de Samos o pasado mes de xullo, cando "levantou a orde deparalizar preventivamente as obras no camiño de acceso, sen contar con autorización da Xunta de Galicia".

"Desde Adega e SGO consideramos inaudito que o Concello de Samos permita realizar obras de carácter industrial nunha zona da Rede Natura e BIC sen informar á Xunta e que, ademais, pretenda legalizar estas obras de acceso por tramos", engaden.

Comentarios