Achado un octoxenario en Láncara tras pasar 14 desaparecido

O home atopábase co seu can
Foto de archivo de un miembro de la Guardia Civil. EP
photo_camera Foto de archivo de un miembro de la Guardia Civil. EP

Un octoxenario do municipio da Láncara achado sobre as sete da mañá deste sábado logo de pasar 14 horas desaparecido. Aparentemente atopábase en bo estado e foi evacuado ao hospital de Lugo por unha ambulancia. 

O home faltaba da súa casa de Bustelo desde as cinco da tarde deste venres. A súa muller foi a encargada de dar a voz de alarma ao non atopalo na vivenda, tras o que se iniciou un amplo dispositivo no que participaron Garda Civil, Protección Civil, veciños, traballadores municipais e membros do goberno local encabezados polo alcalde, Darío Piñeiro

O dispositivo prolongouse ata as cinco da madrugada, aínda que continuou de vixilancia a Benemérita. 

O fillo do octoxenario atopouno nunha leira a uns catro quilómetros da casa. O home estaba co seu pequeno can.