Acepta seis meses por ameazar a unha médica para que lle dese a baixa

O home golpeou o mobiliario da consulta en Sarria e quixo agredir á doutora, que pulsou o botón de urxencia
Centro de salud de Sarria. ARCHIVO
photo_camera Centro de saúde de Sarria. ARQUIVO

Un home con iniciais A.S.D. foi condenado este d a seis meses de prisión como autor dun delito de atentado contra a autoridade, que cometeu contra unha médica dun centro de saúde de Sarria á que ameazou e tratou de agredir para que lle asinase unha baixa. O acusado chegou a un acordo coa Fiscalía para recoñecerse culpable, a cambio dunha rebaixa de seis meses na petición inicial de pena.

Segundo os feitos recollidos no escrito de acusación asinado polo ministerio público, que o acusado recoñeceu como certos, os feitos producíronse o 8 de marzo de 2018, sobre as 12.00 horas, cando A.S.D. acudiu á consulta médica situada no centro médico público de Sarria.

"Unha vez alí", describe a fiscala, "o procesado, guiado polo ánimo de menosprezar o principio de autoridade, dirixiuse á consulta da doutora, quen estaba a traballar, realizando os labores propios do seu cargo como médica de familia, e con ánimo de atemorizala esixiu a berros unha baixa laboral, golpeando o mobiliario e intentado agredila. ela puido evitar a agresión e avisar aos seus compañeiros de traballo a través do botón de urxencia".

Tras recoñecerse como autor dun delito de atentado contra a autoridade e aceptar a condena a seis meses de prisión, o xuíz acordou deixar en suspenso o seu ingreso no cárcere coa condición de non volver delinquir neste tempo, dado que carecía de antecedentes penais. Tamén terá inhabilitado o seu dereito a sufraxio pasivo durante o tempo que dure a condena.