Absolta a sarriá acusada de tirar ao río un saco con doce cachorros

O xulgado considera que non existen probas suficientes para condenar á muller  A Protectora de Animais de Lugo recorre a sentenza ante a Audiencia Provincial
Los cachorros tirados al río en Sarria. PROTECTORA
photo_camera Os cachorros tirados ao río en Sarria. PROTECTORA

O xulgado do Penal número 1 de Lugo absolveu a unha veciña de Sarria que foi acusada de arroxar en 2015 ao río en Céltigos un saco de papel cunha ducia de cachorros de can.

O tribunal considera que non existen probas suficientes para condenar á muller, para a que o ministerio fiscal pedía un ano de prisión por un presunto delito de malos tratos animais. Tamén se acudiron na causa como acusación particular a Protectora de Animais de Lugo e o Colexio de Veterinarios, quen pedían unha condena de 18 e 12 meses, respectivamente, e indemnizacións. A primeira das institucións xa recorreu ante a Audiencia Provincial de Lugo a sentenza.

Os feitos producíronse o 21/22 de xullo de 2015, cando ven a unha muller arroxar ao río un saco cos cachorros na parroquia de Santiago da Veiga. Dous pescadores rescataron aos animais, que posteriormente foron recollidos pola Protectora. Esta trasladounos ao hospital Rof Codina, aínda que os cans terminaron falecendo ante as condicións nas que se atopaban. Sufrían hipotermia e parasitos externos.

Algo máis dun mes logo dos feitos, o 29 de agosto, axentes do Seprona e unha veterinaria do colexio de Lugo realizaron unha inspección na vivenda da acusada, onde atoparon unha cadela que presentaba signos de parir recentemente.

Na súa sentenza o tribunal alega que falta a identificación da acusada como autora do feito e que non se pode probar que os cachorros fosen da cadela que estaba na vivenda da muller

Durante o xuízo testificou un dos pescadores, que asegurou que viu a unha muller, pero non recoñeceu á sarriá. O seu compañeiro non acudiu a declarar. Tamén testificaron dous veciños e un perito veterinaria.

No xuízo a muller negou os feitos. As acusacións particulares fixeron fincapé na coincidencia entre a raza dos cachorros e da cadela que había na vivenda da sarriá, así como que esta tivera un parto recentemente.

Na súa sentenza o tribunal alega que falta a identificación da acusada como autora do feito e que non se pode probar que os cachorros fosen da cadela que estaba na vivenda da muller. “Non podendo basear unha condena en conxecturas ou sospeitas baseadas en meros indicios que sumados e relacionados carecen neste caso da relevancia e contundencia para xustificar unha condena”, conclúe o xulgado do Penal.

Comentarios