Abre as portas unha nova vivenda rural de uso turístico en Samos

O inmoble, situado no núcleo de Foxos, é unha antiga palleira que foi restaurada hai dez anos e convertida en negocio despois da corentena
Nueva vivienda rural de uso turístico en Samos
photo_camera Inmoble O Paxar, no concello de Samos. EP

O Paxar, unha palleira restaurada dende hai dez anos, abriu ao público como vivenda rural de uso turístico no núcleo de Foxos, no concello de Samos. A estrea produciuse hai unhas semanas malia que tiñan programado facelo en Semana Santa.

A propietaria, Amalia Díaz, explica que a restauración do Paxar comenzou hai unha década co obxectivo de que permanecese vivo "o recordo familiar", asegurando que os seus avós lle comentaban que era "unha das  casas máis antigas da provincia".

A rehabilitación empezou pouco a pouco, primeiro co cambio da cuberta, despois repoñendo a madeira ata chegar á instalación dunha cheminea, que "é o noso fetiche", afirma. Tamén, Díaz rememora que os albaneis locais lle dicían "non digas que isto o fixen eu", en referencia ás pedras encastradas de maneira desigual para dar sensación de antigüidade.

Co paso do tempo, amigos procedentes doutras comunidades facíanlle visitas e, como non tiña sitio para acomodalos, decidiu que o mellor lugar era a casa que estaba restaurando. Cos anos, a filla da propietaria —que estudou Historia da Arte— quería pagarse un máster e propúxolle darlle un uso turístico ao inmoble. A pesar dunha desconfianza inicial, iniciaron os trámites burocráticos, pensando "que non ía saír para adiante", confesa.

Non obstante, agora sinala que o negocio está tendo éxito porque os clientes "queren escapar das cidades e este é o mellor sitio para iso", argumentando a proximidade con zonas como O Courel, os Ancares ou o río Sil. Díaz afirma que teñen  completo ata agosto, con "algúns días dispoñibles en setembro".

Dentro dos servizos ofertados, encóntranse o uso da casa durante 24 horas e despois os visitantes "deixan a chave no buzón", indica a dona. Tamén detalla que gardan todas as medidas de prevención e que mesmo houbo clientes que chamaron previamente para asegurarse de que se cumplían.

Comentarios