Abre na antiga prisión de Sarria unha mostra sobre o dano cerebral adquirido

Afecta en Galicia a 35.000 persoas
Inauguración de una exposición en Sarria sobre el daño cerebral adquirido
photo_camera Inauguración da exposición, que pode visitarse ata o día 23. VILA

O dano cerebral adquirido afecta en Galicia a máis de 35.000 personas, segundo explicaron en Sarria integrantes da Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) e de Adace Lugo durante a inauguración dunha mostra que se poderá visitar ata o vindeiro día 23 na antiga prisión.

Usuarios das cinco asociacións de Galicia protagonizan esta exposición, que amosa a través de 38 imaxes o labor destas entidades e a realidade dos afectados.

A mostra leva por título Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido para demostrar que "non é un punto final".

Está aberta de 10.30 a 13.30, pero pode solicitarse unha visita noutro horario chamando ao número 982.53.06.68.

Por parte do Concello participaron na apertura o alcalde, Claudio Garrido; o edil de servizos sociais, Benjamín Escontrela; e a concelleira de muller, educación e igualdade, Geni Valcárcel, que puxeron o acento na importancia de abordar esta temática.

Comentarios